O PP reclama a conexión dos parkings disuasorios co centro

Domínguez reivindica un carril-bici en Pontevedra ante o aumento de usuarios tras unha reunión con Pedaladas para falar de problemas "de tráfico"
Reunión del PP con el presidente de Pedaladas. FOTO: PP
photo_camera Reunión do PP co presidente de Pedaladas. FOTO: PP

O PP incorporou este venres unha nova denuncia ás súas queixas polos "problemas de tráfico" en Pontevedra. O seu portavoz, Rafa Domínguez, criticou a falta de conexión dos parkings disuasorios co centro da cidade tras un encontro co colectivo Pedaladas, no que reclamou un carril-bici polo aumento de persoas que utilizan este medio de transporte.

O xefe do principal partido da oposición considera que a inexistencia de itinerarios ciclistas pola cidade, a falta dun "bo transporte público propio dunha capital de provincia" ou a carencia dunha conexión entre os estacionamentos e o centro, situados a menos de 20 minutos a pé da zona vella, "terminan repercutindo nos problemas de mobilidade que estamos a afrontar en Pontevedra".

"A forma na que se moven e desprazan os cidadáns foi cambiando. E aquí temos unha ordenanza desfasada, de 1989. O único que temos son cortes de rúas e caravanas", sinalou.

Comentarios