A presidenta do Consello da Cultura Galega e académica da RAG, Rosario Álvarez Blanco, a empresa Informática Landín, o escritor Manel Loureiro, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, a científica Marisol Soengas e a Asociación ASSEII son os gañadores dos Premios Pontevedreses, os galardóns que entrega Diario de Pontevedra, co patrocinio de Abanca e airCO2, a persoas e entidades da provincia destacadas en distintos ámbitos.
A gala de entrega dos premios celebrarase o
O xurado encargado de fallar os premios, que se reuniu o pasado xoves, estivo conformado polo director xeral de Diario de Pontevedra, Antonio de Cora; o director do xornal, Miguel Ángel Rodríguez; o director adxunto, Pedro Pérez; a directora territorial de Abanca, María del Carmen Fernández; o vicerreitor en funcións do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Jorge Soto, e o CEO fundador de Qbitia, Luis Taboada, que se estreaba nesa función.
A entrega dos galardóns contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda
Entre os Premios Pontevedreses deste ano destaca Rosario Álvarez Blanco, destinataria do décimo premio honorífico que entrega Diario de Pontevedra tras recibilo en edicións anteriores o persoal sanitario da área de Pontevedra e O Salnés, Carlos Valle, Miguel Carballeda, Diego Murillo, Inmaculada Paz-Andrade, José Luis Torrado, Alfonso Zulueta e Gonzalo Adrio.
Ademais de presidir o Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez é catedrática en Filosofía Galega e Portuguesa, membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego (Alga), coautora de dúas gramáticas do galego, con Monteagudo/Regueira e Xove e investigadora principal do equipo redactor da gramática da Real Academia Galega. Así mesmo, é directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, codirectora do proxecto Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e directora da revista de Estudos de Lingüística Galega.
UNANIMIDADE. O xurado dos distintos galardóns, que foron fallados por unanimidade, quixo recoñecer tamén a traxectoria do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que, nos seus máis de 30 anos de vida, conseguiu converterse nun dos principais referentes do ciclismo afeccionado en España e conseguiu liderar o ranking nacional por equipos durante varios anos sumando os seus corredores numerosos premios nas distintas probas nas que participou.
O xurado decidiu os galardoados de 2021 por unanimidade
O traballo de ASSEII, asociación socio sanitaria de enfermidades inflamatorias, intestinais e ostomizados, foi recoñecido na categoría de Labor Social e a traxectoria da científica Marisol Soengas no apartado de Investigación.
Ademais, o xurado quixo premiar a firma Informática Landín, fundada en 1970, na categoría de Empresa por converterse nunha referencia no desenvolvemento de programas para hostalería e o escritor Manel Loureiro no de Cultura, por ser un dos autores de novela negra de maior éxito como o demostra o feito de que coa súa novela La puerta
A gala de entrega dos galardóns comezará ás 20.00 horas.
As súas liñas de investigación seguen tres eixos: o estudo da gramática descritiva da lingua galega; o cambio lingüístico, tanto no galego actual como no antigo e o medio; e a edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ao Rexurdimento.
Desde o ano 2003, é membro tamén da Real Academia Galega, con funcións de coordinadora do Seminario de Gramática, tesoureira e directora da Sección de Lingua (desde 2013).
Os seus servizos céntranse no sector da informática, telecomunicacións e formación, así como tamén a súa aplicación na empresa.
O ano pasado, recibiu unha nova distinción que a situou no oitavo posto das empresas galegas que saben detectar, aproveitar e dirixir as aptitudes dos seus empregados.
A empresa é, ademais, Partner Premium de Wolteres Kluwer en Sotfware de Xestión para Asesorías.
O proxecto naceu cando Evaristo Portela, actual director deportivo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, lle propuxo ao propietario do grupo alimenticio, Magín Froiz, estampar o logotipo da súa empresa na camisola coa que ía disputar a tempada de ciclocrós.
Tras máis de 30 anos de experiencia, converteuse xa nun dos conxuntos sub23 máis lonxevos do panorama español elite e sub23.
A súa primeira novela, Apocalipse Z. El principio del fin, comezou como un blogue en Internet que escribía nos seus intres libres. O blogue transformouse nun fenómeno viral e a novela foi publicada en 2007, converténdose nun best seller. As súas seguintes obras, Los días oscuros, La ira de los justos, El último pasajero, Fulgor e Veinte, foron un éxito de vendas tanto en España como noutros moitos países do mundo.
Aínda que, sen dúbida, foi a súa penúltima novela, La puerta
Ademais de asesorar e proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física ou fiscal a todas as persoas afectadas por estas enfermidades, a asociación busca tamén a rehabilitación integral deste colectivo, facendo fronte á enfermidade de forma activa e positiva.
Ademais, é membro da Academia Galega de Farmacia e a Real Academia de Farmacia de España e vicepresidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e no ano 2021 recibiu o Premio Carmen e Severo Ochoa de Bioloxía Molecular, converténdose así na cuarta muller que o facía desde os inicios destes premios, no 2004.
Aínda por riba, foi distinguida en numerosas ocasións por promover actividades para mellorar o desenvolvemento profesional das mulleres en ciencia.