Preocupación ante as 'escenas prepandemia' da noite pontevedresa

Bailes, cánticos e abrazos con laxas ou nulas medidas de precaución sucedéronse na primeira xornada sen estado de alarma
photo_camera <p>Do mesmo xeito que sucedeu en boa parte das cidades galegas e españolas, na noite deste sábado rexistrábanse en Pontevedra escenas festivas propias dunha etapa prepandemia, na que decenas de persoas bailaban, cantaban e abrazábanse sen manter as distancias ou outras medidas pertinentes. Con motivo do fin do estado de alarma, as quedadas e as celebracións tomaron en centro da cidade, que rexistraba escenas como as deste vídeo, especialmente preocupantes se temos en conta que segue crecendo na área sanitaria o número de casos activos, de contagios e de hospitalizacións.<br /> <br /> As redes sociais enchéronse de mensaxes con chamadas á serenidade e recordando que a pandemia non terminou, así como de críticas aos mozos que onte á noite tomaban as rúas mantendo a garda baixa en canto ás medidad anticovid refírese.</p>

Do mesmo xeito que sucedeu en boa parte das cidades galegas e españolas, na noite deste sábado rexistrábanse en Pontevedra escenas festivas propias dunha etapa prepandemia, nas que decenas de persoas bailaban, cantaban e abrazábanse sen manter as distancias ou outras medidas pertinentes. Con motivo do fin do estado de alarma, as quedadas e as celebracións tomaron o centro da cidade, que rexistraba escenas como as deste vídeo, especialmente preocupantes se temos en conta que segue crecendo na área sanitaria o número de casos activosde contagios e de hospitalizacións.

As redes sociais enchéronse de mensaxes con chamadas á serenidade e recordando que a pandemia non terminou, así como de críticas aos mozos que onte á noite tomaban as rúas mantendo a garda baixa en canto ás medidad anticovid refírese.

Comentarios