Isabel Canda, celadora: "As primeiras semanas foron caóticas; unha total incertidume"

Celadora en Montecelo, asegura que ao principio "non había medios e tiñamos moito medo" 
Dos imágenes de Isabel Canda. DP
photo_camera Dúas imaxes de Isabel Canda. DP

Isabel Canda leva 13 anos traballando como celadora en Montecelo, moitas veces na UCI, polo que este último ano viullas cara a cara co coronavirus. "Ata o tiven e todo. Era difícil non caer, estando tanto tempo en contacto con eles, foi inevitable". Contaxiouse en decembro e os síntomas foron máis ben leves, pero "o olfacto e o gusto aínda non volveron". Agora, con esa experiencia e vacinada xa coas dúas doses, séntese máis tranquila.

Aquelas primeiras semanas de marzo defíneas como "caóticas", pois "non había medios e tiñamos moito medo, polo descoñecemento. Era unha total sensación de incertidume por non saber como afrontar" a situación.Isabel Canda

As cousas, nese sentido, foron cambiando ao longo dos meses e na actualidade "estamos máis organizados, temos de todo, bos equipos, EPIS... Afrontámolo con coidado e máis seguridade".

Iso non impediu que "me viñera abaixo, animicamente" cando chegou a segunda onda da pandemia. "Non é fácil poder con iso. E agora outra vez". Logo dunha baixa de dúas semanas, a terceira onda pillouna de pleno en Montecelo. "Sabiamos que aquilo non se acababa, pero non pensamos que fora tan forte. En canto a xente se desmanda...". ¿E que foi daquilo de que sairiamos mellor desta crise? "Mellor? Nada! Non aprendemos nada! Pensamos que ía ser menos tempo e agora a xente está histérica, moi afectada". 

Sabiamos que aquilo non se acababa, pero non esperabamos que a terceira onda fora tan forte; e a incertidume segue aí

Comentarios