miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

O programa provincial SmartPeme amplíase e asesorará en igualdade e en ciberseguridade

Carmela Silva, este lunes en rueda de prensa. DEPUTACIÓN
Carmela Silva, este lunes en rueda de prensa. DEPUTACIÓN

Carmela Silva anunciou a aprobación do expediente para o novo contrato deste servizo, cun orzamento de licitación de 1,7 millóns de euros

O programa provincial SmartPeme, dirixido pola Deputación de Pontevedra para ofrecer asesoramento e formación en novas tecnoloxías para medianas e pequenas empresas, autónomos e emprendedores, contará con novas carteiras de servizos en ámbitos como a administración electrónica, a ciberseguridade, o emprendemento, a transición ecolóxica e a igualdade. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este luns, en rolda de prensa, a aprobación do expediente para o novo contrato deste servizo, cun orzamento de licitación de 1,7 millóns de euros, e que contempla a súa ampliación. 

Carmela Silva afirmou que esta rede TIC impulsada pola Deputación desde o ano 2016 converteuse nunha "referencia para todo o tecido empresarial da provincia e de Galicia", como mostran os 11.603 asesoramentos realizados, as 1.740 empresas atendidas ou os case 2.000 talleres de formación con preto de 17.500 asistentes. Tamén se puxeron en marcha aceleradoras de comercio e turismo e impulsouse a promoción do Terceiro Sector. 

O novo contrato de Smartpeme, que se prevé que entre en vigor en febreiro, sumará ás actuais carteiras de servizo outras cinco novas accións. Unha enfocada á administración electrónica, a ciberseguridade, unha nova liña a facilitar toda a información ás persoas sobre o emprendemento, outra ao redor da transición ecolóxica e centrada na economía circular vinculada á sustentabilidade. 

Finalmente, haberá unha nova carteira de Igualdade, coa que se promoverá o asesoramento para a creación de plans de igualdade, o impulso de accións de igualdade nas pemes, e potenciar o liderado feminino con accións específicas para emprendedoras e profesionais. 

O programa provincial SmartPeme amplíase e asesorará en igualdade e...
comentarios