O programa Urban Lab terá novos obradoiros para a mocidade durante toda a semana

Na mañá do luns o obradoiro foi adicado a practicar técnicas de grafitti
A actividade deste luns consistiu en facer grafittis a pequena escala. CEDIDA
photo_camera A actividade deste luns consistiu en facer grafittis a pequena escala. CEDIDA

O programa Urban Lab, que a Concellería de Benestar Social está a desenvolver durante este mes de agosto en Monte Porreiro e A Seca para promover o desenvolvemento sociocomuntario destes barrios, celebrou na mañá do luns un novo obradoiro de Arte Urbano no que a rapazada (neste caso de Monte Porreiro) puido amosar a súa creatividade e destreza coa técnica do graffiti.

Os talleres continuarán este martes e o xoves na Seca e o mércores en Monte Porreiro, pechándose a programación este venres cunha actividade final na praia fluvial na que se xuntarán tódolos participantes dos dous barrios (uns 30 nenos e nenas inscritos).

Segundo explica o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, "entre as actividades que se veñen desenvolvendo ao longo do mes inclúense skate, surfskate, hula-hoop, graffiti, paddle surf e slackline, entre outras".

Comentarios