miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

O programa A Vida é Movernos impulsa talleres de defensa persoal para mulleres

Taller de defensa personal impartido este martes. GONZALO GARCÍA
Taller de defensa personal impartido este martes. GONZALO GARCÍA
Os días 3, 4 e 17 de decembro volverán celebrarse novas sesións

O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu este martes un taller de defensa persoal para mulleres enmarcado no programa A Vida é Movernos, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde.

Os días 3, 4 e 17 de decembro volverán celebrarse novas sesións deste taller, impartido por expertos do Club Taekwondo Taekanart.

Tal e como sinalou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "ao longo destes talleres poderán aprender diversos métodos de autodefensa e evasión que lles permitan salvar situacións anómalas, difíciles, potencialmente perigosas ou claramente de perigo".

O programa A Vida é Movernos impulsa talleres de defensa persoal...
comentarios