Prohibido comer fose da aula, ir sen máscara e facer círculos nos corredores

O IES A Xunqueira II establece as pautas para organizar ao alumnado nos recreos e ordenar a ventilación
Inicio de curso en el IES Xunqueira II. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Inicio de curso no IES Xunqueira II. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Nin comer nos corredores, nin facer círculos nin moito menos andar sen máscara. A dirección do IES A Xunqueira II presentou este martes nun claustro extraordinario un documento que establece as pautas para organizar os recreos e tamén para conciliar a obrigatoria ventilación das aulas coa calefacción.

Deste xeito, nos días asollados o estudiantado distribuirase, por cursos, en distintos espazos, como as pistas exteriores, a zona axardinada da fachada principal, o claustro interior ou o patio. Os días de choiva repartiranse o espazo interior, aínda que os de Bacharelato terán que quedar nas súas respectivas aulas.

Levar a máscara é, obviamente, obrigatorio, e non facelo considerarase falta leve. A excepción será á hora de tomar a merenda. O alumnado terá cinco minutos, á volta do recreo, para realizar este tentempié no seu respectivo pupitre, co profesor dentro da aula. Poderán levar a merenda de casa ou comprala na cafetería en dous períodos de 15 minutos, pero non haberá servizo de mesas nin se poderá comer fóra das aulas. Tamén terán que limpar as mans cinco veces ao día, como mínimo, e para iso dispoñen de dispensadores de hidrogel e de xabón nos aseos.

Desde o 15 de outubro funciona a calefacción, que mantén a temperatura en 20-22 graos. Esta climatización debe compaxinarse coa ventilación, preferiblemente natural, segundo os tempos establecidos no protocolo da Xunta.

Comentarios