'Descúbreas' impulsa novas iniciativas para combater a desigualdade na música

O proxecto pontevedrés porá en marcha unha newsletter e accións de em mentoring
Carmela Silva, en rueda de prensa. DEPUTACIÓN
photo_camera Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN

Accións de mentoring e o lanzamento dunha newsletter son algunhas das principais novidades do proxecto Descúbreas, unha das iniciativas "máis relevantes a favor da música feminina en todo o Estado español", a través da que a Deputación de Pontevedra busca combater "a desigualdade" no ámbito da música. 

Así o comunicaron a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e Olaia Dopico, unha das impulsoras do proxecto, durante o acto celebrado na mañá deste xoves, que arrincou coa actuación da cantautora Sandra Gómez, Sanny

No evento, Dopico subliñou que Galicia é "un fervedoiro de iniciativas culturais", aínda que non está exento de sufrir "o problema da desigualdade". "A presenza feminina non é proporcional ao talento que sabemos que temos; as cifras seguen sendo moi desiguais", lamentou. 

Nesta liña, puxo en valor que o proxecto Descúbreas busca visibilizar ás artistas e profesionais que traballan pola música a través da promoción de proxectos musicais femininos nas súas fases iniciais. A intención é que esta iniciativa sexa "un firme aliada para que as mozas da provincia poidan cumprir os seus soños", explicou. 

Tal e como recordou Silva, esta plataforma foi presentada o pasado mes de decembro, aínda que nestes meses "avanzou moitísimo" no seu obxectivo de permitir "que as mozas para poder dedicarse á música e para que esa dedicación poida ser a súa forma de vida". 

Entre as iniciativas que se inclúen en Descúbreas atópanse seccións na súa páxina web con vídeos na rede, vídeo entrevistas e axenda de eventos; así como un foro de consultas en liña, videotutorías para formación; un programa pioneiro de mentoring para acompañar nos primeiros pasos da música; e unha newsletter semanal.

COMPROMISO DE TRANSFORMACIÓN. Silva puxo en valor que Descúbreas está dirixida por mulleres e "desenvolve a súa actividade ligada á promoción musical cun claro compromiso de transformación"; un obxectivo no que as mulleres desempeñan un papel fundamental, xa que, apuntou, "é imposible transformar o mundo para que sexa mellor se o 52 % da poboación non ten todos os seus dereitos". 

"Hai teitos de cristal e chans pegañentos que impiden que as mulleres poidan despegar", denunciou a presidenta provincial, que neste contexto avanzou que o vindeiro martes a Deputación de Pontevedra vai presentar "un proxecto moi potente de face ao 8M". 

Comentarios