O PSdeG propón endurecer os castigos para os casos de malos tratos animais

Candidatos socialistas este lunes en el refugio. PSDEG
photo_camera Representantes socialistas este luns no refuxio. PSDEG

Candidatos do PSdeG ao Parlamento galego pola provincia de Pontevedra visitaron este luns a protectora de animais Os Palleiros, desde onde defenderon a importancia dunha nova lei de benestar animal en Galicia que endureza os castigos por malos tratos e abandono. Na visita, Paloma Castro, Rafael Cotelo e Manuel Loureiro estiveron acompañados polo tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández, e o edil de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes.

Nun comunicado remitido aos medios, os socialistas inciden en que os animais son "seres sensibles á dor e a crueldade, coa diferenza de que eles non poden manifestar nin denunciar as inxustizas das que frecuentemente son vítimas" e que, polo tanto, necesitan de protección legal por parte das institucións.

Deste xeito, ademais dun endurecemento das penas, avogan por realizar campañas de sensibilización no ámbito educativo e coa poboación en xeral para concienciar sobre a tenza responsable de animais, o seu debido coidado como mascotas e a importancia da súa esterilización.

Así mesmo, subliñan a necesidade de crear "plans coordinados entre os concellos en materia de xestión de refuxios, protección e adopción de animais abandonados" que incluso contemplen bonificacións fiscais. 

Comentarios