O portavoz da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Antón Masa, trasladou o mércores ao concelleiro socialista Iván Puentes a súa preocupación sobre o posible uso de aceites contaminantes na planta de Ence. Masa asegura que a empresa enerxética "queima 18.000 toneladas de aceites usados procedentes de residuos industriais para abaratar custos". Unha acción que, de ser certa, sería ilegal.
O responsable municipal de Medio Ambiente comprometeuse a manterse "vixiante" e anunciou que trasladaría a cuestión á parlamentaria socialista Patricia Vilán para que a eleve ao Parlamento.