O PSOE volve denunciar o "abadono" de Fontesanta

Os socialistas critican que "o panorama repítese en todos os barrios"

Aspecto de una de las zonas ajardinadas de Fontesanta, Pontevedra (maleza). DP
photo_camera Aspecto dunha das zonas axardinadas de Fontesanta. DP

O portavoz do grupo municipal do PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, volveu a denunciar o estado de abandono no que se atopa o barrio de Fontesanta logo de visitalo acompañado dun grupo de veciños e veciñas. "A escasos cinco minutos da Peregrina e da casa do Concello repetir o panorama que levamos vendo en todos os barrios. Abandono e máis abandono", asegurou.

Así, reclama que a xestión dun goberno "non consiste só non anuncio de grandes obras, senón en atender as necesidades diarias de todo o concello e non só dunha parte". Nese sentido, Fernández considera que na xestión do mandato actual "apréciase un certo sectarismo", de tal forma que se vives na améndoa central da cidade verás como a túa rúa se arranxa varias veces" mentres que aqueles que viven nos barrios e as parroquias ven "como o patrimonio publico vaise deteriorando sen que o alcalde faga caso".

Xardíns abandonados con herbas de máis dun metro de altura, vehículos que utilizan as rúas para aparcar de forma descontrolada, muros que ameazan con derrubarse "e nos que a única actuación do Concello foi colocar unha cinta de advertencia", buracos polos que "saen a pasear as ratas", a existencia de só dous colectores de materia orgánica e un de cartón e papel "que non se baleira mais cando xa bota por fóra" as beirarrúas que "case nunca son limpadas pola empresa concesionaria" son algúns dos problemas que destacan os socialistas na súa denuncia.

"E iso que están dentro do centro urbano. Son vos propios veciños e veciñas os que se encargan de manter máis ou menos limpas as beirarrúas, porque a empresa parece que non sabe que existe o barrio. E todo elo con consentimento do goberno municipal", criticou Fernández.

Por iso, os socialistas consideran que "o Goberno debe xestionar doutro xeito o orzamento municipal. Non é admisible estar a gastar cartos sempre nas mesmas rúas e manter abandonada a unha parte moi importante da poboación".

O portavoz do grupo municipal considera que Pontevedra necesita un goberno que cambie prioridades, que non estea tres anos mano sobre man e só traballe o último ano: "Os mandatos son de catro anos. E durante os tres primeiros, o BNG estivo tirado á bartola. Iso non é unha boa sinal para Pontevedra", apuntou Fernández.

Por todo iso, o grupo municipal do PSOE anunciou que levará ao pleno a situación de Fontesanta. "Farémolo como exemplo do que pasa en todos e cada un dos barrios da cidade. A ver se conseguimos que cando menos o alcalde se poña coloreado", finalizou Tino Fernández.

Comentarios