martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

Que len os nosos políticos?

politicos_lectura
Da paixón polos cómics de Rafa Domínguez á lectura de 200 páxinas diarias de César Mosquera. Da querencia pola novela negra nórdica de Tino Fernández á que ten Anabel Gulías por Lorca ou Pepa Pardo polas irmás Brontë

Que teñen en común os expresidentes Rodríguez Zapatero e Rajoy? Un autor favorito: Carlos Ruiz Zafón. A devoción do socialista polo escritor contribuíu, no seu día, ao éxito internacional de La sombra del viento, que chegou a anunciarse nas librerías estranxeiras como "El libro favorito de José Luis Rodríguez Zapatero, presidente de España". Rajoy confesou, en 2008, que acababa de ler a novela El juego del ángel e que lle parecera "magnífica".

O xornalista Ángel Villarino lembraba hai un mes, no seu blog de elconfidencial.com, que a Pedro Sánchez e a Pablo Casado gústanlles as biografías e as novelas, a Joe Biden a poesía irlandesa e a Obama o ensaio e a literatura activista, reflexionando sobre o que dicían as súas lecturas de cada un dos mandatarios.

Pero que len os políticos de Pontevedra? Que len, en concreto, Carmela Silva, César Mosquera, Jorge Cubela, Miguel Anxo Fernández Lores, Tino Fernández, Rafa Domínguez, Anabel Gulías, Yoya Blanco e Pepa Pardo? Os libros levan a coincidir en gustos a alguns deles de maneira esperada -"Sempre en Galiza" é un dos libros que marcou a Lores e a Mosquera- e inesperada -"Orgullo e prexuízo", de Jane Austen, é unha das lecturas favoritas de Blanco e Pardo-. En xeral prefiren a literatura de evasión e a novela histórica.

Carmela Silva

2021061318453338413

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, está a ler Dime una adivinanza, de Tillie Olsen. "É un libro con catro relatos que falan de valores universais dende unha perspectiva feminista. Estame resultando apaixonante. Tíñanme falado moito del, pero non tivera ata agora a oportunidade de collelo porque, desgrazadamente, non teño moito tempo para ler".

Como a maioría dos nove políticos entrevistados, a presidenta provincial non reduce de gana a un só título as lecturas que a marcaron. "Pero, como se me pide que escolla un, vou dicir nesta ocasión Mal de amores, de Ángeles Mastretta. É un texto que está escrito marabillosamente, cunha linguaxe moi fermosa. Vólvoo ler de vez en cando e sempre me namora. Ten exactamente iso que busco nos libros, que me namoren, que me enganchen, que me emocionen e me permitan reflexionar".

César Mosquera

Ata tres libros ao mesmo tempo le o vicepresidente provincial, o nacionalista César Mosquera: En canto a Fraga, de Alfredo Conde; A cidade das bicicletas, de Paula Teles, e O pasado por vir, un libro colectivo sobre memoria histórica que publicou a Deputación e que coordinou Montse Fajardo. "Son un lector compulsivo", confesa. "Leo todo o que me cae nas mans e leo rapidísimo, a todo meter". Sinala que pode devorar 200 páxinas diarias. "Cando eramos pequenos, meu irmán e eu competiamos por ver quen lía máis rápido. Aquelas noveliñas de vaqueiros ou de Corín Tellado, eu podía despachalas en 35 minutos".

Mosquera é, dos políticos preguntados, o que manexa unha maior variedade de lecturas que o marcaron. Menciona Sempre en Galiza, de Castelao, e a poesía de Rosalía, pero tamén a de Quevedo ou a de António Gedeão. Tamén se refire a Teresa Batista cansada de guerra, de Jorge Amado, ou Historia social da ciencia, de John Bernal. "As miñas lecturas son variadísimas. Lin de todo, dende libros de matemáticas, que repasaba ata hai pouco tempo durante unha horiña diaria, á Biblia, dende Lo que el viento se llevó a Ana Karenina", conta, ao tempo que lembra, sobre eses intereses heteroxéneos que sempre tivo, que estudou dúas carreiras moi diferentes: Matemáticas e Filosofía. "O que recoñezo é que son moi pouco audiovisual. Prefiro ler".

Jorge Cubela

 ENTRADA DO EDIFICIO CASTELAO (MUSEO)  foto de Jorge Cubela lendo o ultimo libro que mercou    PARA REPORTAXE DE FIN DE SEMANA

El ruiseñor, de Kristin Hannah, é o libro que está lendo actualmente o alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial, o popular Jorge Cubela. "Está ambientado na Francia da Segunda Guerra Mundial. Recomendoumo a miñá irmá Inmaculada. É unha historia de superación de dúas irmás que fuxen da invasión nazi. Unha historia tensa e intensa". Cubela é o único dos políticos que participan na reportaxe que está lendo un título en formato dixital. "Pero porque cadrou, un pouco por casualidade. Non son para nada lector de ebook, prefiro o papel".

O voceiro do Partido Popular na Deputación confésase lector de novela histórica. "Son un historiador frustrado. O 90% dos libros que leo teñen que ver coa historia". Entre os seus favoritos está a triloxía da Guerra Civil, de José María Gironella. "Lina con 14 anos e, aínda que é rarísimo que eu relea algo, volvín a ela agora, durante a pandemia". Trátase de Los cipreses creen en Dios, Un millón de muertos.  e Ha estallado la paz. "Repasan a preguerra, a guerra e a posguerra, a división política, a polarización ideolóxica e a loita de irmáns contra irmáns".

Miguel Anxo Fernández Lores

A pesar de estar de vacacións (a razón pola que é o único político que non se puido fotografar), o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, contestou, a través do equipo de comunicación do Concello, cal era o libro que estaba a ler na actualidade e un dos que máis o marcara ao longo da súa vida. O que le estes días é Non te amola!, de Xela Arias. "Eu sempre procuro profundizar na obra da escritora ou escritor ao que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o Día das Letras Galegas porque considero que non hai mellor homenaxe que a relectura da súa obra. Por iso neste ano dedicado a Xela Arias ando a voltas con ela".

Sempre en Galiza, de Castelao, é unha das lecturas máis importantes da súa vida.

Tino Fernández

tino fernandez libro2

Ao tenente de alcalde de Pontevedra, o socialista Tino Fernández, gústalle a novela negra nórdica. "Me gusta la literatura que me ayuda a evadirme", recoñece. Agora mesmo está con El efecto Marcus, do danés Jussi Alder-Olsen, "enmarcada en una serie titulada Los casos del departamento Q 5".

Falando de lecturas que lle teñen gustado especialmente pide mencionar tres: Tiempo de silencio, de Luis Martín-Santos, para mí una obra maestra de la literatura universal; El camino, de Miguel Delibes, un libro que me abrió los ojos a una literatura y a un mundo muy diferentes a los que conocía, y El talismán, de Stephen King y Peter Straub, que quizás no tenga una altísima calidad literaria, pero que en mí consiguió dejar una huella profunda".

Rafa Domínguez

Los años extraordinarios, de Rodrigo Cortes, é o último libro que mercou o número un do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez. "Tíñalle moitas ganas. Rodrigo Cortés é máis coñecido por ser director de cine, pero tamén é escritor. E é un tipo que me gusta moito. Sígoo incluso a través dos seus podcasts Todopoderosos".

Domínguez é dos que tamén se resiste a seleccionar só un título favorito. "Porque hai moitísimos. Un dos que máis é El médico, de Noah Gordon. E gústanme moito, en xeral, as novelas históricas de Juan Gómez-Jurado ou Arturo Pérez-Reverte". Á parte, é coñecida a súa paixón polos cómics. Ao preguntarlle ao respecto destaca dúas series polas que ten unha debilidade especial: as de Batman e Sandman, de Neil Gaiman.

Anabel Gulías

#DAVID #GULIAS# EXTERIOR DO TEATRO PRINCIPAL (antes ou despois de colocar a pancarta das 11.30 no Concello): Anabel Gulias  lento o ultimo libro que mercou ***PARA REPORTAXE DA FIN DE SEMANA, viernes, 11 jun · 11:30–11:30

A número dous do BNG en Pontevedra, a concelleira de Promoción da Cidade Anabel Gulías está lendo actualmente Seique, de Susana Sánchez Arins. "En xeral, os libros sobre memoria sempre me resultan atractivos. Neste caso estame parecendo moi sorprendente e impactante como a autora encaixa as diferentes visións que a xente ten sobre a Guerra Civil na Galiza".

A lectura á que di Gulías que volve sempre é á da poesía. "A poesía faranos libres", sentenza. "Críticos, resistentes e resilientes", engade. E escolle en concreto Poeta en Nueva York, de Federico García Lorca. "Máis alá da figura de Lorca e da súa cercanía a Galiza, esta é unha das obras máis complexas que teño lido". E refírese a un poema concreto, La aurora, "ao que volvo sempre que preciso reatoparme".

Yoya Blanco

2021061318453328989

A concelleira socialista Yoya Blanco está a ler Espía de Dios, de Juan Gómez-Jurado. "Aínda que sempre teño enriba da mesa de noite varios libros", admite. "A min a intriga encántame e sérveme de antiestrés total". Entre as súas lecturas recentes está La puerta, de Manel Loureiro, - "linmo nunha tarde!"- e Aquitania, de Eva García Sáenz de Urturi.

Falando dos seus libros favoritos escolle Orgullo e prexuízo, de Jane Austen. "Creo que as personaxes femininas de Austen teñen sempre, para o seu tempo, un punto de feminismo e de rebeldía. Elizabeth Bennet é a miña favorita. A Orgullo e prexuízo volvo cada pouco", explica. "Pero, se nos imos á poesía, escollería algo de Antonio Machado. Hai un poema en concreto, Consejos, que inclúe un verso que me repito moito a min mesma porque son moi impaciente: "Todo el que aguarda sabe que la victoria es suya". E, se nos imos ao cómic... confeso que son moi fan de Astérix!".

Pepa Pardo

2021061318453298242

A deputada e concelleira popular Pepa Pardo está lendo o último libro de Arturo Pérez-Reverte, Línea de fuego, que vén de recibir o Premio Nacional de la Crítica. "Siempre he sido una apasionada de la novela histórica", confesa, ao tempo que recoñece que esta afección vén de lonxe, dos seus tempos no instituto, cando leu a saga de Los reyes malditos e lle encantou.

"Reconozco que, ahora que tengo poco tiempo, leo menos, pero he sido una lectora empedernida. He leído todo tipo de géneros con dos excepciones: terror y ciencia ficción. No son para mí". En canto ás lecturas que a marcaron, declárase moi influída pola literatura costumista e romántica inglesa. "Siempre me han encantado Jane Austen o las hermanas Brontë. Orgullo y prejuicio, Cumbres borrascosas o Jane Eyre están entre mis novelas favoritas de todos los tiempos y probablemente son los títulos que más he releído".

Que len os nosos políticos?
ç