sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Quirónsalud Miguel Domínguez reforza todos os seus servizos durante o verán

Zona de consultas médicas do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. CEDIDA
Zona de consultas médicas do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. CEDIDA
O centro sanitario obtén o selo Protocolo Seguro Covid-19 de Applus+ Certification polas medidas de seguridade implantadas

O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez normalizou a actividade asistencial e médica en todas as súas especialidades, de maneira que nos meses de xullo e agosto a actividade manterase a pleno rendemento para dar cobertura a todos os pacientes.

O centro sanitario implantou un plan específico para poder estar totalmente operativo durante os meses de verán e atender aos pacientes da súa área sanitaria e aos turistas que pasan as súas vacacións nas Rías Baixas. Este plan inclúe a apertura das axendas e recursos adicionais para poder garantir a continuidade de probas diagnósticas, consultas e cirurxías durante a estación estival.

Desde o pasado mes de maio o hospital Quirónsalud Miguel Domínguez foi retomando a actividade asistencial recuperando operacións programadas, consulta de especialistas, probas diagnósticas e procesos de rehabilitación.

Para garantir a seguridade dos pacientes e dos profesionais, o hospital implantou un conxunto de medidas que lle permitiron obter o selo Protocolo Seguro Covid-19 de Applus+.

O hospital solicita a colaboración dos pacientes para que acudan con puntualidade ás súas citas, é tan importante non chegar antes de tempo como non facelo despois. Han de acudir sen acompañante, salvo que sexa imprescindible, e con máscara.

As consultas con médicos especialistas e as probas diagnósticas reorganizáronse co obxectivo de cumprir con puntualidade as citas e reducir a presenza de pacientes nas salas de espera, que se acondicionaron para respectar as distancias de seguridade. Naqueles casos nos que non sexa necesaria a exploración física, o hospital fomenta a opción da teleconsulta, xa sexa por vídeo ou por teléfono.

No caso dos pacientes quirúrxicos, realízase un screening previo. Tamén se estableceron circuítos asistenciais diferenciados para atender as necesidades de cada paciente e reducir ao máximo o risco de contaxio nas instalacións.

Quirónsalud é o maior grupo hospitalario de España e o terceiro de Europa. Conta con máis de 35.000 traballadores en máis de 120 centros sanitarios, entre os que se atopan 45 hospitais que ofrecen 6.800 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros atópanse o Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Fundación Jiménez Díaz, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica de Gipuzkoa, etc.

O Grupo traballa na promoción da docencia (oito dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, único centro investigador privado acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).

Máis de 1.600 proxectos de investigación en España
O servizo asistencial do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Este centro sanitario está acreditado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e conta con máis de 220 profesionais, 50 deles médicos especialistas. Dispón de 114 camas para ingresos dos pacientes e 5 quirófanos dotados de alta tecnoloxía. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver máis de 1.600 proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro.

Quirónsalud Miguel Domínguez reforza todos os seus servizos durante...
comentarios