viernes. 21.02.2020 |
El tiempo
viernes. 21.02.2020
El tiempo

Reclaman que se revise a concentración de gas radón no semisoto da Audiencia

Exterior da Audiencia Provincial de Pontevedra. DAVID FREIRE
Exterior da Audiencia Provincial de Pontevedra. DAVID FREIRE
Tamén piden que se faga no xulgado número 14 de Vigo

O sindicato CIG solicita á Xunta de Galicia que realice, sen máis demora, medicións de gas radón en dependencias xudiciais, comezando polo semisótano da Audiencia Provincial e polo xulgado nº14 de Vigo, por ser dous das zonas de maior risco.

A central ampárase nas recomendacións do Consello de Seguridade Nuclear para recordar a idoneidade de efectuar estes controis en áreas identificadas polas súas altos valores de radón, como é Galicia.

Tamén recorda que o custo das probas "é ínfimo (96 euros por cada dous medidores pasivos)", polo que solicita que se habiliten xa partidas económicas.

Desde a CIG destacan a "aparición de certos casos de cancro de pulmón que poderían estar relacionados coa existencia de radón" nas dependencias xudiciais. 

Reclaman que se revise a concentración de gas radón no semisoto da...
Comentarios