Récord de vacinación no Recinto Feiral: 2.900 dose nun só día

A campaña continuará este xoves coa inmunización de 9.000 acodes da área sanitaria de entre 75 e 79 anos
Imagen de la jornada de vacunación. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe da xornada de vacinación. GONZALO GARCÍA

O Sergas celebrou este mércores unha nova xornada de vacinación masiva no Recinto Feiral, a terceira desde o pasado mes de marzo e, ata agora, a que bateu o marca en doses fornecidas: 2.900 vacinas de AstraZeneca nun só día, o que arroxa unha media de 241 por hora, algo máis de catro por minuto.Segunda xornada de vacinación non Recinto Feiral de Pontevedra.

Os destinatarios foron persoas de entre 60 e 65 años, aos que se suman os 1.368 veciños da área sanitaria que foron inmunizados o día anterior no Recinto Feiral (o 90% dos citados) e os 950 que foron convocados nas dúas últimas xornadas en Fexdega (Vilagarcía de Arousa).

A campaña dirixida a esta franxa de idade, na que constan 20.000 habitantes residentes nos distritos de Pontevedra e O Salnés, finalizou a primeira fase e continuará en próximas datas, que se establecerán en función da recepción de novas doses. Namentres, a Área Sanitaria dará este xoves o salto a outra etapa, que esta vez estará dirixida a poboación de entre 75 e 79 anos, á que se fornecerá a vacina de Pfizer.

MAIORES DE 75. O Sergas prevé vacinar ata o domingo a 9.00Segunda xornada de vacinación non Recinto Feiral de Pontevedra.0 persoas con estas idades en Pontevedra e O Salnés. Todos eles, nacidos entre 1942 e 1946, recibirán unha mensaxe e unha chamada robótica para concertar a cita. As doses previstas servirán para cubrir a case un 70% desta masa poboacional, na que segundo o Instituto Galego de Estatística constan 13.205 veciños repartidos polos 25 concellos que integran a área sanitaria.

Ademais, está previsto administrar primeiras doses aos maiores de 80 anos con problemas severos de mobilidade, que recibirán a vacina no seu domicilio.

A finais de marzo o Área Sanitaria levaba fornecidas case 40.000 vacinas, 30.000 delas do laboratorio Pfizer, 10.000 de AstraZeneca e 130 de Moderna. Destas, o 35% das doses foron para maiores de 80 anos, o 38% para persoal sanitario e o 27% para colectivos esenciais.

A Policía Local pide aos citados axústense á hora comunicada polo Sergas
Co "fin de facilitar" o bo funcionamento do operativo de vacinación, a Policía Local fixo este mércores un chamamento a todas as persoas que sexan citadas para vacinarse no Recinto Feiral para que se axusten "na medida do posible" á hora que lles comunica o Sergas. A petición pretende "evitar aglomeracións" como as que se rexistraron o martes no recinto con motivo da vacinación masiva. Moitos dos particulares convocados presentáronse con antelación e outros tiveron que imprimir o código de acceso, o que provocou algúns tapóns na entrada, nos que non se respectaron as medidas de seguridade. Pola contra, a afluencia foi máis fluída na xornada deste mércores.