Recuperan un tractor que engulló a marea na zona de Lourizán

Os propietarios non puideron evitar que a subida das augas afectase por completo ao vehículo e aos aparellos que transportaba
undefined
photo_camera Un operario limpando o tractor atrapado. GONZALO GARCÍA

Un tractor que sufriu unha avaría mentres operaba na zona de marisqueo de nbsp;a&parroquia pontevedresa de Lourizán acabou baixo as augas da ría de Pontevedra. Sucedeu durante a xornada do martes, cando, nun episodio no que, ademais, se daban mareas vivas, os propietarios non puideron evitar que a subida das augas afectase por completo ao vehículo e aos aparellos que transportaba.

A presenza do tractor en augas de Lourizán -parte do mesmo foi visible case en todo momento, dado o escaso calado da zona na que se achaba- chamou a atención das persoas que pasaban polo lugar.

Non foi ata a xornada deste mércores, cun tempo máis tranquilo, cando os responsables do vehículo puideron rescatalo da ría. A auga salgada afectou a todo o tractor, especialmente á zona do motor. é por iso que, mediante mangueiras e auga doce, procedesen á súa limpeza antes de polo de novo en funcionamento.

Comentarios