jueves. 20.01.2022 |
El tiempo
jueves. 20.01.2022
El tiempo

Galaxia e a Deputación reeditan o 'Álbum Nós' de Castelao

Galaxia e a Deputación reeditarán o Álbum Nós. DP
Galaxia e a Deputación reeditarán o Álbum Nós. DP

O Museo de Pontevedra reúne máis de 5.000 pezas orixinais do autor galego

Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra reeditarán o Álbum Nós, unha das obras máis emblemáticas de Alfonso Rodríguez Castelao.

Esta nova edición imprimirase para conmemorar a adquisición da obra orixinal por parte do Museo de Pontevedra e entregarase este xoves de maneira simbólica na inauguración do rótulo que dará o nome de Castelao a un dos edificios do museo.

"É necesario colaborar na difusión da obra de Castelao", sinalou a deputada responsable de memoria histórica e lingua, María Ortega, que avanzou que esta edición do Álbum Nós repartirase tamén en todas as bibliotecas municipais da provincia.

Desta nova edición encargarase a editorial Galaxia, xa que é a que ten legalmente recoñecidos os dereitos en exclusiva para a edición en papel e dixital da obra de Castelao.

A adquisición definitiva da colección do Álbum Nós converteu ao Museo de Pontevedra no centro de referencia para o coñecemento da obra de Castelao, que reúne máis de 5.000 pezas orixinais do autor galego.

A peza, segundo lembrou Ortega, "é unha obra extraordinaria pola súa importancia na evolución artística e ideolóxica de Castelao".

Ademais da homenaxe que o museo pontevedrés renderá a Castelao bautizando co seu nome o seu edificio principal, inaugurarase a mostra Castelao en Europa. A viaxe de 1921, comisariada por Anxos Tilve, que se poderá visitar até o 23 de xaneiro. 

Galaxia e a Deputación reeditan o 'Álbum Nós' de Castelao
comentarios