A reforma de Casimiro Gómez e Fernando Olmedo finalizará esta semana

Inicio de la calle de A Seca. DP
photo_camera A rúa da Seca sufrirá cortes de tráfico polos traballos. DP

A reforma das rúas Casimiro Gómez e Fernando Olmedo chegará á seu fin esta semana co asfaltado das mesmas.

A última parte da primeira fase dos traballos levarase a cabo ó longo de tres días e afectará ó tráfico, o mércores, co peche das dúas rúas, exceptuando o acceso a garaxes e servizos, e ca desviación da parada do autobús de Monte Porreiro.

O xoves será a quenda do asfaltado da rúa da Seca, que da mesma maneira que as anteriores atoparase pechada ó tránsito de vehículos.

Cabe recordar que as obras realizadas nestas rúas forman parte dun proxecto levado a cabo pola empresa E.C. Casas que consistiu na eliminación do estacionamento indiscriminado que existía nestes viais, a creación dunha praza con circuítos peonís de gran seguridade e de novos espazos para aparcar e o cambio de dirección do Camiño Vello de Castela.

A última parte da reforma afectará ó primeiro tramo da rúa da Seca, onde se ten previsto destinar un carril a circulación e outro a estacionamento, ademais de ampliar as beirarrúas xa existentes.

Comentarios