A reforma de Barcelos levarase a cabo a pesar das queixas veciñais

Luís Bará entende que non se pode satisfacer a toda a poboación pero que a reordenación da praza é "o mellor para a maioría". Ademais ve "inviable" realizar un período de proba antes de facela definitiva
Imagen del estado actual de la Praza de Barcelos
photo_camera Imagen del estado actual de la Praza de Barcelos

O Concello de Pontevedra non paralizará as obras de reforma da Praza de Barcelos e manterá o seu proxecto de peonalizar o tramo que discorre entre o muro de Santa Clara e o colexio de Barcelos, que levará unha reordenación de espazos e da circulación na zona.

Así, o concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, recordou que se cumpriron todos os "tempos, trámites, prazos e incluíronse ao proxecto as propostas dous veciños". Con todo, entende que non se pode satisfacer "á totalidade da poboación, é imposible contentar ao 100%, pero é unha medida que é beneficiosa para a maioría". Con respecto ás peticións veciñais que solicitaban que se realizase un período de proba antes de facer unha reforma definitiva, Bará considera que se trata dunha cuestión "inviable" e que crearía confusión entre a cidadanía.

As obras de reforma da Praza de Barcelos comezarán o vindeiro martes, aínda que se iniciaron xa os traballos previos cuxo obxectivo é preparar o terreo para a reforma exprés. Tras os traballos, implantarase unha zona de servizos na que se poderá aparcar durante un máximo de 15 minutos e que contará con 54 estacionamentos.

A actuación contempla a instalación de bolardos que impedirán a entrada ás zonas peonalizadas, pero que permitirán o acceso ao centro médico e ao garaxe do edificio que queda dentro da zona afectada.

Comentarios