lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

A reforma integral de Echegaray empezará o 8 de xullo  

Recreación de como quedará Echegaray tralos traballos de reforma. CONCELLO
Recreación de como quedará Echegaray tralos traballos de reforma. CONCELLO

A obra implicará restricións de tráfico na zona durante os seis meses do prazo de execución da obra

A reforma integral de Echegaray empezará o próximo 8 de xullo. A portavoz do Concello, Anabel Gulías, asegurou este luns en rolda de prensa que a Policía Local dispón xa do plan de mobilidade que se activará durante os seis meses de execución da obra. O operativo implicará restricións de tráfico "que xerern as menores molestias posibles" a veciños e comerciantes da zona.

Os traballos, que forman parte das melloras do contrato da auga, levaraas a cabo a concesionaria deste servizo, Viaqua. Custarán 696.064 euros e implicarán a renovación de todos os servizos subterráneos: saneamento, pluviais e canalización eléctrica.

As obras tamén incluirán a ampliación de beirarrúas e o mantemento do aparcadoiro de servizos, con límite de 15 minutos. A zona de estacionamento da marxe esquerda (de saída da cidade) pasará a ser en liña e non de batería, como agora. Este cambio provocará a supresión dalgunhas prazas para aparcar.

A reforma integral de Echegaray empezará o 8 de xullo  
Comentarios