Seis relatorios e unha exposición de fotografías compoñen o programa das VIII Xornadas sobre o Entroido de Galicia

O espazo Nemonon acollerá as actividades, que terán lugar os días 28 e 29 de febreiro
RAFA ESPAZO NEMONON: Buenaventura Aparicio presenta o libro 'Etram e Ailux na Terra dos Mortos'. Con Fina Casalderrey e Rafael Quintia. ***GENTE Tamen publico
photo_camera Rafael Quintía. RAFA FARIÑA

Os entroidos de Samede (A Coruña), Esgos (Ourense) e Teo (A Coruña) protagonizarán as VIII Xornadas sobre o Entroido de Galicia, que se celebran en Pontevedra os días 28 e 29 de febreiro. O programa da actividade, que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (Saga) e se desenvolverá no espazo Nemonon, inclúe seis relatorios e unha exposición de fotos.

O presidente da Saga, Rafael Quintía, e o concelleiro de Memoria, Xaquín Moreda, presentaron esta proposta, que se inaugurará o venres (18.10 horas) coa presentación do libro Historia e recuperación do Entroido de Samede, por parte de Emi Cagiao. A continuación (18.30), representantes da Asociación Felos e Madamas de Esgos falarán do seu Entroido e Julio I. González impartirá unha conferencia co título O mundo do revés. O tero de Entroido en Galicia (19.15). A xornada rematará cun coloquio no que participarán os diferentes relatores.

O sábado, Carlos X. Ares presentará o libro Festividades de inverno na provincia de Ourense e haberá unha actuación do grupo Escaravellos (18.10). A seguir (18.30), Lidia Mariño falará de A figura da vella no Entroido. Finalmente (19.15 horas), Chema Cebeiro (A Regionalista de Teo) analizará A Danza de Entroido na Ulla. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta.

Comentarios