Renfe amplía o transbordo por estrada para dous trens que unen Pontevedra e Madrid

O operador ferroviario ofrece a posibilidade de anular os billetes sen custo
Estación de tren de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Estación de tren de Pontevedra. DAVID FREIRE

Renfe manterá este xoves o transbordo especial por estrada para os viaxeiros dalgúns servizos que cobren a ruta Madrid-Pontevedra e Pontevedra-Madrid debido ás temperaturas extremas e á neve orixinadas polo temporal dos últimos días. Segundo informou a operadora nun comunicado este mércores, este servizo especial para a liña Alvia continuará prestándose unha xornada máis logo de activarse o martes e manterse este mércores. 

Se as condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos viaxeiros, Renfe sinala que ofrece a posibilidade de anular os billetes sen custo. Igualmente, o cliente poderá cambiar o seu billete para outra viaxe sen custo, se é para idéntica clase. 

No caso de realizar a viaxe con transbordo en autocar, os usuarios terán dereito devolución do 20% do importe do billete do traxecto afectado. O reintegro ou o abono xerado producirase mediante o mesmo medio de pago previamente utilizado para a compra do título de transporte. 

De haber atraso, se o viaxeiro opta por realizar a viaxe, será acumulable, no seu caso, a posible indemnización derivada do atraso á chegada, se procede. 

Comentarios