domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Teresa Táboas: "Repensar as cidades é repensar o mundo"

Teresa Táboas, Susana Regueira, Ramón Marrades (de esquerda a dereita), este mércores, no Museo. RAFA FARIÑA
Teresa Táboas, Susana Regueira, Ramón Marrades (de esquerda a dereita), este mércores, no Museo. RAFA FARIÑA
O ciclo Urbtopías, do Concello, péchase no Museo cun coloquio entre a arquitecta Teresa Táboas e o economista Ramón Marrades

Un diálogo no que se volveu incidir en aspectos tratados ao longo de todo o ciclo Urbtopías, como a necesidade de coidar o espazo público; a relevancia da sostibilidade en calquera proxecto urbano; o escepticismo fronte as novas tecnoloxías, e as críticas á construción de macroestruturas ou á teima en soster a economía dos territorios apostando polo turismo, pechou onte, no Museo, estes encontros do Concello de Pontevedra sobre o futuro das cidades.

A arquitecta Teresa Táboas e o economista Ramón Marrades foron os protagonistas deste último coloquio, no que exerceu de moderadora a xornalista Susana Regueira.

Foi esta última precisamente a que lembrou, para comezar, que Pontevedra acollería, en setembro de 2022, a Placemaking Week Europe, un foro que dirixe Marrades. A el lle preguntou en que consistía exactamente. "Somos una fundación europa que trabaja en el fomento del urbanismo sostenible y a escala humana".

Segundo contou o economista, a pandemia, á que se aludiu unha e outra vez ao longo de todo o coloquio, funcionou como "un acelerador de dinámicas que ya existían". Marrades contou que en Placemaking Europe se traballa sobre tres eixes: un urbanismo táctico, de aplicación inmediata e aberto á experimentación; unha estratexia urbana pensada a longo plazo,e a reivindicación do "derecho a la ciudad".

A súa labor quedou resumida no que chamou urbanismo de aproveitamento. "Nos dedicamos a eso, al urbanismo de aprovechamiento que, como la cocina de aprovechamiento, sin dar la espalda a la innovación, evita caer en la fascinación tecnológica", dixo.

Teresa Táboas, que defendeu a idea de "repensar as cidades para repensar o mundo", tamén se mostrou crítica coa implantación da tecnoloxía na sociedade e todo o que iso significaba.

"Debemos pensar en 'smart citizens', cidadáns intelixentes, máis que en 'smart cities', cidades intelixentes. A cidade debe concibirse como espazo de convivencia máis que como espazo de coexistencia".

Neste sentido, Ramón Marrades defendeu que as cidades do futuro estaría marcadas e condicionadas máis profundamente por cambios sociais, relacionados, por exemplo, co feminismo ou cos dereitos LGTBI, que por conquistas tecnolóxicas.

"Cuando pensamos en la urbe del futuro nos es más fácil imaginar distopías, como hace la ciencia ficción, que otra coas. Pero yo creo que esa ciudad del futuro se parecerá más a Pontevedra y a las que ya habitamos que a la que imaginamos con coches voladores moviéndose entre rascacielos".

Mitos e erros. O director de Placemaking Europe contou que esta fantasía tecnolóxica era un dos mitos que dende a súa fundación trataban de combatir. Esta loita pasaba, segundo dixo, por volver a entender a cidade como "una construción colectiva que debería construírse democraticamente".

"Otro gran error es creer que la oferta genera demanda y que las grandes infraestructuras resuelven todos los problemas, por ejemplo en el ámbito cultural", explicou.

"El camino de las macroestructuras ya lo tenemos muy recorrido y sabemos cómo acaba. Lo que pasa es que esos macroproyectos se justifican por sí mismos y las respuestas granuladas y territeriolizadas necesitan más explicaciones y valentía", rematou.

"Otro mito es que las ciudades compiten entre sí. Las ciudades no son marcas, no son Zara contra Mango. Esta idea, que ha inspirado muchas políticas, ha hecho mucho daño".

Marrades aínda sinalou outros dous erros: que "las ciudades deben dedicarse a atraer turismo y capital económico, cuando eso viene por sí solo cuando cuidas el territorio para sus ciudadanos" e a despreocupación medioambiental. "Ahora mismo cualquier elección que no pase por ser sostenible ni siquiera debería plantearse".

Campo. Uns minutos antes de que el dixera isto, a arquitecta Teresa Táboas xa resaltara a importancia do cambio climático en calquera reflexión actual. Entre outras cousas, defendeu que o futuro pasaba por rachar os límites entre o campo e a cidade. "O futuro está na dialectica co campo".

Igualmente defendeu a recuperación do espazo público, "o lugar no que aconteceron as grandes revolucións e as grandes loitas", como espazo de encontro, especialmente nun momento no que "as grandes empresas nos teñen monitorizados e illados consumindo dende ocio a comida individualmente en cada casa", explicou. "O meu medo é que esas cidades intelixentes tan ansiadas se convertan en prisións".

De Chipperfielda a Ana Luisa Amaral
O ciclo de coloquios do Concello de Pontevedra sobre o futuro das cidades, ‘Urbtopías’, comezou cunha charla entre o arquitecto David Chipperfield e a xestora cultural Ana Tomé.

Seguiulle outra entre os escritores Ana Luisa Amaral e Manuel Vilas, e o crítico literario Ramón Rozas. O penúltimo encontro estivo protagonizado polos políticos Joan Clos e Miguel Anxo Fernández Lores, e o arquitecto Francisco Mangado.

Teresa Táboas: "Repensar as cidades é repensar o mundo"
comentarios
ç