A residencia de alumnos de Afundación esgota as súas prazas con lista de espera

2020081816341343502
photo_camera Imaxe da residencia de Abanca, na Avenida de Vigo. DP

A Residencia de Estudantes de Pontevedra de Afundación comezará o novo curso 2020-2021 con todas as súas prazas cubertas e con lista de espera. As instalacións contan este ano con 120 prazas, que acollerán aos estudantes desde o 15 de setembro. As novas circunstancias, por mor das medidas necesarias ante a Covid-19, motivaron a implantación dun novo protocolo sanitario enfocado a previr e a conter os riscos de contaxio. Así, por exemplo, establecéronse franxas horarias máis amplas para o comedor, co propósito de favorecer a distribución por quendas, fixouse o uso obrigatorio de máscaras en todas as zonas comúns e habilitáronse puntos estratéxicos de hixiene e desinfección. Tamén se destinou unha área específica de illamento en casos de detección de coronavirus, en consonancia coas medidas que desde a Consellería de Educación trasladouse aos centros no protocolo de actuación para este curso 2020-2021.

A Residencia de Estudantes Afundación, inaugurada en 1969, aloxou desde a súa apertura a máis de 6000 mozas das facultades e escolas universitarias do campus de Pontevedra, centros de formación profesional e estudantes doutros países que cursan actualmente algún programa en IESIDE (procedentes de Colombia, Guatemala, Arxentina, Perú, O Salvador ou China, entre outros).

O servizo está situado no centro da cidade (Avenida de Vigo, 21), nun edificio de cinco plantas.

Comentarios