Restaurada a pasarela que une Bos Aires co miradoiro de Monte Porreiro

Iván Puentes. ADP
photo_camera Iván Pontes. ADP

O Concello de Pontevedra restaurou a pasarela de madeira que comunica o miradoiro de Monte Porreiro coa avenida de Bos Aires (á altura da ponte do ferrocarril). A deterioración deste acceso obrigara ao Concello a pechalo polo perigo que representaba para os viandantes polos taboleiros que se romperon ou desprendido.

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acometeu esta actuación en paralelo aos traballos de renovación das pasarelas de madeira e reposición do pavimento do primeiro tramo da senda fluvial do Lérez, que discorre entre a praia e a estación de bombeo situada en Monte Porreiro.

O proxecto, no que o departamento que dirixe Iván Puentes destina un investimento de 22.000 euros, comezou a semana pasada no tramo comprendido entre o inicio do carreiro, na avenida de Bos Aires, e a ponte das Palabras, coa previsión de que estas primeiras obras estean finalizadas nos próximos días.

Segundo explica o edil, as actuacións inclúen a renovación e reposición completa de todos os listóns e táboas de madeira deteriorados ou rotos nas pasarelas e as súas varandas, ademais de todos os elementos estruturais da senda. "Reporase o pavimento naqueles puntos que ou precisen, tanto para eliminar as fochas e fochancas do camiño como para darlle máis solidez ao firme", precisa Iván Puentes.

Comentarios