O ritmo de novos contaxios se desacelera na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Continúa o descenso de casos activos e baixa o número de hospitalizados 
Urgencias de Montecelo. DAVID FREIRE
photo_camera Urxencias de Montecelo. DAVID FREIRE

Cuarto día consecutivo de sdescenso de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Deste xeito, se o luns rexistrábanse 2.925, este martes son un total de 2.894 -31 menos-.

Así o reflicten os datos facilitados polo Sergas que tamén fan referencia a que o ritmo de novos contaxios na área sanitaria comeza a frearse: son 110 os novos contaxios detectados, por 162 do a xornada anterior -52 menos-.

grafico

O número de hospitalizados en Pontevedra e O Salnés é outro dos parámetros que sofre variacións. Atópanse ingresadas un total de 42 persoas, delas 7 atópanse na Uci de Montecelo -1 máis-. O resto áchanse en planta: 29 no Chup -1 menos-, 4 no Hospital do Salnés -1 menos- e 2 no Hospital QuirónSalud -1 menos-. 

Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria un total de 16.431 persoas. En canto ás vítimas, o Sergas notifica 189 -as catro últimas foron comunicadas a noite deste luns- 

Comentarios