martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

A rodaxe de 'Un asunto privado' provocará varios cortes de tráfico ata o venres

Aparelos de rodaxe da serie de Amazon en Michelena
Aparellos de rodaxe da serie de Amazon en Michelena, o pasado luns. GONZALO GARCÍA
As restricións afectarán o mércores á Praza da Ferraría e a Rúa do Barón e en días sucesivos á Praza do Teucro e a Monteros Ríos

A rodaxe da serie de Bambú para Amazon Prime Video Un asunto privado provocará cortes de tráfico este mércores desde as 21.00 horas ata as 6.00 horas do xoves na Praza da Ferraría e nas súas inmediacións.

Este é un dos escenarios da serie para a que se están gravando varias escenas na cidade de Pontevedra e que implican cortes de tráfico nocturnos en áreas do centro histórico entre o mércores e o venres.

Tamén entre a tarde-noite do mércores e a madrugada do xoves, entre as 17 horas e as 4.00 horas, cortarase ao tráfico a rúa do Barón e as súas inmediacións, mentres que o xoves o corte afectará á Praza do Teucro e será en horario de 19.30 horas a 7.00 horas do venres.

Precisamente, nesta xornada, o corte afectará ás rúas das inmediacións da avenida Montero Ríos e será entre as 20.00 horas e as 7.00 horas do sábado. Todos os cortes de tráfico estarán indicados a través de sinalización e de persoal do equipo da produtora.

A rodaxe de 'Un asunto privado' provocará varios cortes de tráfico...
comentarios
ç