miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

A rodaxe da serie de Amazon 'Un asunto privado' chegará esta semana ás rúas de Pontevedra

Montero Ríos será o escenario da primeira gravación na Boa Vila. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Montero Ríos será o escenario da primeira gravación na Boa Vila. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
O Concello reuniuse este martes con representantes de Bambú Producciones para coordinar a gravación, cuxo inicio dependerá da climatoloxía

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde mantivo na mañá deste martes unha reunión con responsables de Bambú Producciones S.L. para estudar as necesidades de ocupación de vía pública na rodaxe que a produtora ten prevista na cidade para a serie de Amazon Un asunto privado. A empresa ten previsto iniciar a rodaxe esta mesma semana, cara xoves ou venres, en función da climatoloxía.

Bambú Producciones é unha produtora de televisión creada en 2007 por Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés. Entre outras moitos contidos, a empresa está detrás de grandes series como FariñaLas chicas del cable ou Velvet; documentais da talla de Las niñas de Alcàsser ou Lo que la verdad esconde: el caso Asunta; e películas como Malasaña 32 ou El año que vivimos, cuxa estrea está prevista para o próximo mes de novembro.

RODAXE. Na reunión deste martes, o Concello pontevedrés garantiulle toda a colaboración sobre as medidas de seguridade e loxística en relación a entrada e estacionamento de camións de gran tonelaxe, colocacións de carpas, cableado para tomas de electricidade… a través de varios departamentos municipais implicados: Film Commission, Policía Local, Protección Cidadá, Departamento de ocupación de espazos públicos, Servizos técnicos (especialmente a brigada de electricidade), Servizo de augas e o Servizo de dinamización cultural.

O primeiro exterior será no Paseo de Montero Ríos esta mesma semana, polo que o Concello tamén quere garantir a libre deambulación dos veciños e veciñas na contorna, sen prexudicar a gravación.

Segundo as previsións que a produtora lle trasladou esta mañá á concelleira, en Pontevedra farán o primeiro bloque de gravación até o vindeiro 4 de novembro, agás que o tempo obrigue a modificar as datas.

Outras localizacións serán: Gutiérrez Mellado, MichelenaPraza da Leña, rúa do Barón, Café Moderno, Soportais, Pedreira e Manuel Quiroga.

A rodaxe da serie de Amazon 'Un asunto privado' chegará esta semana...
comentarios