Rouban a iluminación provisional da ponte da Barca

A subtracción produciuse durante a noite do sábado. Os focos instalados pola empresa tras as queixas dos usuarios por falta de luz apenas duraron unhas horas

Focos robados en A Barca. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Focos roubados na Barca. XUNTA DE GALICIA

A Barca volve quedar ás escuras. O motivo é o roubo de case todas as luminarias que a empresa encargada da reforma da ponte instalou o sábado para dar servizo ás persoas que cruzan o viaduto que une os concellos de Poio e Pontevedra.

Os focos apenas duraron unhas horas. Durante a madrugada xa fora sustraidos, o que obrigou a moitos usuarios provenientes da zona de marcha de Pontevedra a usar os seus teléfonos móbiles como improvisadas lanternas.

Os novos focos da Barca antes de ser roubados. XUNTA

A concesionaria das obras puxo o asunto en coñecemento da Xunta, que é a Administración que impulsa esta actuación de mellora da Barca. En paralelo, Civis Global presentará a correspondente denuncia ante a Policía, segundo confirmaron a diario de Pontevedra responsables da Consellería de Infraestruturas.

Comentarios