A rúa Alemaña estará pechada este martes polas obras en Monte Porreiro

O corte realizarase entre as 10.00 e as 13.00 horas
Intersección entre las calles Alemaña y Grecia en Monte Porreiro. ARCHIVO
photo_camera Intersección entre las calles Alemaña y Grecia en Monte Porreiro. ARCHIVO

Por mor das obras que se están realizando no barrio de Monte Porreiro, este martes 9 de novembro será pechada a rúa Alemaña de Pontevedra no tramo comprendido entre as rúas Luxemburgo e Irlanda.

Co fin de minimizar o impacto na mobilidade, o peche realizarase entre as 10.00 e as 13.00 horas. 

As obras consisten no asfaltado do tramo final da rúa. Ademais, o concello informa de que se facilitará o acceso e a saída de garaxes. 
 

Comentarios