Só sete traballadores de Elnosa conservarán os seus postos

Os operarios de Elnosa acusan a Rajoy e a Sánchez de deixar "morrer" a fábrica de Pontevedra

Instalaciones de Elnosa. GONZALO GARCÍA
photo_camera Instalacións de Elnosa. GONZALO GARCÍA

Os traballadores de Elnosa aseguraron este mércores que a fábrica que a electroquímica ten en Pontevedra "morreu de inanición", algo que achacaron á "belixerancia" do Concello de Pontevedra e á "covardía política" dos gobernos de PP e PSOE encabezados por Mariano Rajoy e Pedro Sánchez.

O seu portavoz, Avelino García, explicou en rolda de prensa que a compañía presentou un segundo ERE extintivo que provocará que tan só sete dos seus 28 empregados actuais conservarán os seus postos de traballo, para realizar tarefas comerciais e administrativas.

Os 21 traballadores afectados irán cesando a súa actividade de forma progresiva ata xullo de 2020, realizando tarefas de limpeza dos terreos e a supervisión do desmantelamento da fábrica de Pontevedra.

A actividade da fábrica está "practicamente finiquitada", sinalou García, que ademais de responsabilizar ás administracións públicas tamén cargou contra a dirección da propia empresa, a multinacional portuguesa Bondalti.

"Os únicos que non temos culpa son os traballadores", explicou o seu portavoz, que explicou que "gran parte" do seu persoal foi recolocada na nova fábrica que o grupo luso ten en Torrelavega (Cantabria) ou foron contratados por Ence.

O secretario de organización de Comisións Obreiras, Jose Luís García Pedrosa, lamentou este desenlace final da fábrica de Elnosa en Pontevedra, que perde máis de 50 postos de traballo e un investimento de 50 millóns de euros que o Grupo Bondalti fará en Torrelavega. 

Comentarios