O canon polos 23 postos do primeiro andar do Mercado oscila entre 301 e 357 euros

As ofertas poderanse presentar desde a semana que vén ► O espazo gastronómico abrirá ata a noite

Vista de la primera planta del Mercado de Abastos, donde antes de final de año se abrirá un espacio gastronómico. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Vista de la primera planta del Mercado de Abastos, donde se abrirá el espacio gastronómica. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Boletín Oficial de Pontevedra publicará a vindeira semana as bases para a adxudicación dos 23 postos cos que contará o primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra.

A Concellaría de Promoción da Cidade informou este venres de que se continúa así "coa transformación" deste espazo. A eses postos outorgaráselle un título habilitante por un ano coa posibilidade de prórroga por catro máis. Dos 23, 15 son con extracción de fumes e o resto sen extracción. E diferencianse en tres tipos segundo a situación e o canon que vaian pagar, explica o Concello.

As bases sairán publicadas no BOP a vindeira semana

Os canons oscilarán entre os 357 euros e os 301 euros. Nos pregos fíxase a valoración da solvencia económica da oferta entre 0 e 51 puntos, e o proxecto comercial entre 0 e 49 puntos. Tamén será motivo de valoración que sexa unha actividade que complemente o uso da planta de abaixo, a instalación de novas tecnoloxías, que sexan actividades promovidas por mulleres ou os postos de traballo que se poidan crear, entre outros factores.

Unha vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia haberá un prazo de 30 días hábiles para presentar as ofertas (arredor de seis semanas) e logo resolveranse nun prazo duns 10 días.

Abrirán ata as 23.00 horas na fin de semana
Os proxectos que estean autorizados terán un prazo dun mes para montar e facer as obras necesarias seguindo un manual de obra, para garantir que sigan a identidade gráfica do novo Mercado.Ç

Serán os novos concesionarios os encargados da limpeza das instalacións. Os horarios de apertura do primeiro andar do Mercado serán de 06.00 a 22.00 horas durante a semana, e até as 23.30 horas na fin de semana.

A Concellaría de Promoción da Cidade pide a todas as persoas que estean interesadas que poidan ter necesidades de aclarar informacións, ser asesorados ou resolver dúbidas que se dirixan ben á administradora do Mercado que se atopa situada no propio Mercado, ou ben á xefa de servizo do Mercado situada na Casa da Luz. 

Comentarios