Salva o Tren urxe reunirse co alcalde de Vilagarcía para expresar o seu rexeitamento á vía verde

A plataforma solicita por carta ao rexedor que se desmarque do proxecto e asegura ter o apoio de personalidades como Carlos Taibo ou Xesús Alonso Montero
Protesta de la plataforma en Portas
photo_camera Protesta de la plataforma en Portas

A plataforma galega polo tren de proximidade Salva o Tren, ante o anuncio do inicio da redacción do proxecto para facer unha vía verde sobre a desusada vía do ferrocarril Portas-Vilagarcía, solicita unha reunión "urxente" co alcalde arousán, o socialista Alberto Varela. Na carta na que pide o encontro, remitida aos medios, o colectivo explica que conta co apoio de personalidades como o profesor Carlos Taibo; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso; e o actor Carlos Blanco.

Así mesmo, Salva o Tren recorda na misiva que leva "loitando en toda Galicia desde finais de 2007 pola defensa do mantemento do transporte público por ferrocarril a través das estacións intermedias ás grandes cidades". "Precisamente, a nosa causa naceu en Portas", destaca, en alusión ao desmantelamento da estación.

Respecto diso, recorda que a defensa desa infraestrutura supuxo á plataforma un total de 2.500 euros en multas, "1.500 derivados dun corte de vía o último día de servizo nunha concentración de protesta, máis outros 1.000 por impedir que os operarios de Adif levantasen as vías, que vostede agora propón impunemente desmantelar".

Comentarios