Sánchez traslada aos seus ministros as peticións do Concello

O presidente do Goberno responde á carta de Lores, ao que asegura que visitará a cidade "se máis adiante xorde a ocasión"
Pedro Sánchez. RAFA FARIÑA
photo_camera Pedro Sánchez. RAFA FARIÑA

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, respondeu a carta que o alcalde de Pontevedra envioulle en xaneiro para relanzar proxectos pendentes como a circunvalación, o nó de Bombeiros ou o rescate da vella sede de Facenda. O líder socialista asegura na súa misiva, que este martes deu a coñecer o Concello, que os proxectos e investimentos necesarios para mellorar a cidade serán trasladados aos membros do seu Executivo. "Fago chegar unha copia de devanditas cuestións aos responsables ministeriais para a súa oportuna valoración", expón Sánchez.

Entre as peticións do Goberno local figuran tamén a posibilidade de respaldo económico ás obras do Museo Provincial e o "apoio político" para recuperar os terreos que ocupa Ence en Lourizán.

A carta do rexedor do BNG tamén facía referencia ao acordo de investidura co PSOE, no que se adquiriron compromisos como o traspaso da AP-9 e a bonificación de viaxes por autoestrada. Lores tamén ofreceu a súa colaboración na loita contra o cambio climático e invitou o presidente do Goberno a visitar a cidade. Sánchez asegurou que virá á capital de visita oficial "se máis adiante xorde a ocasión" e agradeceu a man tendida do alcalde. "Quero expresarlle a miña especial gratitude polo seu ofrecemento de lealdade institucional, tan necesaria nestes momentos", expresou.

Comentarios