Santa Rita despega co concerto de Siloé e a Feira Celta

A xornada deste sábado completarase coa actuación da Banda de Música de Vilagarcía e de grupos locais
Grupo Siloé. DP
photo_camera Grupo Siloé. DP

Vilagarcía gozará nos próximos días dunha das súas celebracións estrela: Santa Rita, que este ano contará con cinco xornadas cheas de actividade. Arrinca este sábado coa apertura da tradicional Feira Celta no Parque da Xunqueira, que abrirá as súas portas ás 11.00 ata as 15.00 horas, e continuará pola tarde desde as 18.00 ata as 23.30 horas. A Banda de Música de Vilagarcía non faltará á cita, e para a ocasión ofrecerá 'Unha Noite de Cine', ás 20.00 horas con entrada libre e gratuíta. A axenda do primeiro día de festas completarase ás 23.00 horas co concerto gratuíto de Siloé no Parque da Xunqueira, o grupo de música indy de maior proxección no actual panorama musical nacional. O ambiente de romaría ao redor de Vista Alegre e os pasacalles polos principais emprazamentos do centro urbano dos grupos locais Froallo e As Cantadeiras Bulideiras amenizarán o primeiro día das festas. Ademais, os amantes do deporte teñen unha cita en Fexdega co Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos.

Comentarios