O Sergas comeza a citar os menores de 60 da área sanitaria para vacinarse

O Recinto Feiral acolleu este venres unha nova xornada de vacinación masiva para a que fueron citadas máis de 3.600 persoas de entre 65 e 69 anos
Vacunación no Recinto
photo_camera Persoas accedendo este venres ao Recinto Feiral de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

A poboación menor de 60 anos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa empezou a ser citada polo Sergas para recibir a vacina contra o covid a próxima semana. A convocatoria confirma a previsión autonómica de finalizar a primeira fase ou incluso completar a pauta de vacinación dos maiores desa idade nos próximos días, case 90.000 persoas no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que representan a cuarta parte da poboación total da área (na que residen algo máis de 303.0000 habitantes). 

O Recinto Feiral acolleu este venres unha nova xornada de vacinación masiva para a que foron citadas máis de 3.600 persoas de entre 65 e 69 anos. Todas elas recibiron a fórmula de Pfizer, mentres que no Recinto Fexdega administráronse 950 dose do soro de AstraZeneca. 

O alcalde de Poio, Nito Sobral, foi un dos que recibiu a vacina no recinto pontevedrés, a onde precisamente se desprazará este sábado o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para protexerse fronte ao virus.

Nito Sobral vacunandose

Comentarios