Condenan ao Sergas pola morte dunha persoa que contraeu a pseudomona aeurginosa no CHOP

A sentenza afirma que o ocorrido "era previsible e evitable"
Dos ambulancias en la entrada de Montecelo. DAVID FREIRE
photo_camera Dúas ambulancias na entrada de Montecelo. DAVID FREIRE

Un xulgado do contencioso de Santiago de Compostela condenou ao Sergas e á súa aseguradora a indemnizar á familia dunha paciente por danos e prexuízos polo falecemento do pai e esposo, veciño de Pontevedra e de 65 anos de idade no momento dos feitos -no ano 2014-.

Feneceu no CHOP de Pontevedra ao contraer intrahospitalariamente a bacteria pseudomona aeurginosa

A defensa da familia da victima foi exercida polo avogado Cipriano Castreje, que sinala que aínda que a sentenza "é exemplar" en canto a determinar que o Sergas non conseguiu demostrar ao longo do procedemento administrativo e xudicial que se cumprisen os protocolos de asepsia, mostra o seu desacordo en que o tratamento tras detectar que o paciente estaba infectado fose o adecuado.

O caso remóntase ao ano 2014 cando o paciente ingresa por unha enfermidade oncolóxica que estaba a ser tratada no CHOP.

Segundo indica o avogado, o Sergas non nega a existencia da infección pola pesudomona nin de que esta fose adquirida no hospital.

Sinala a sentenza que nalgún “momento concreto rompe a cadea de asepsia e se leváronse a cabo as medidas preventivas non se produciu a infección, polo que o contaxio era previsible e evitable”.

Termina o xulgado condenando ao Sergas e á aseguradora a pagar á familia a suma de 66.000€ máis os intereses por entender que ao existir comorbilidades e outras enfermidades concomitantes a pseudomona non foi a única causa illada do falecemento do paciente.

A sentencia non é firme e pode ser recorrida polo Sergas e pola familia.

Comentarios