Os servizos de urxencia reciben ata unha trintena de chamadas polo tremor

Finalmente, ninguén resultou ferido nin ningún inmoble resultou danado

Gráfico de un seísmo. DP
photo_camera Gráfico dun sismo. DP

Un tremor de terra con epicentro en Melgaço (Portugal) e magnitude 3,8 deixouse sentir no sur das provincias de Pontevedra e Ourense sen causar danos persoais nin materiais, pero si ata unha trintena de chamadas.

A central que coordina a atención ás urxencias que se producen en Galicia informou de que preto dunha trintena de veciños contactaron este sábado co 112 Galicia tras percibir o movemento sísmico que escasos minutos despois confirmaba o Instituto Xeográfico Nacional.

Os primeiros efectos do tremor comezáronse a sentir ao fío das nove da noite deste sábado, cando o 112 Galicia iniciou diversas comunicacións con veciños de diferentes concellos, como Crecente, Arbo, Vigo, Pontevedra, As Neves, Ponte Caldelas, Toén, Padrenda, Lobios, Boborás, Celanova e O Carballiño.

Con todo, ninguén resultou ferido e, pese ao movemento que algúns veciños aseguraron sentir no interior da súa vivenda, ningún inmoble sufriu danos.

Comentarios