Sés esgota as entradas para o concerto que ofrecerá no Pazo da Cultura o 22 de maio

É a terceira vez no último ano que a artista trata de actuar en Pontevedra, tras ter que adiar ata en dúas ocasións o seu espectáculo a causa da pandemia
Sés nunha imaxe promocional. DP
photo_camera Sés nunha imaxe promocional. DP

"Grazas, sodes medicina", vén de escribir María Xosé Silvar, Sés, nas súas redes sociais. A artista acaba de confirmar que as entradas para o seu concerto en Pontevedra están esgotadas.

A actuación terá lugar o sábado 22 de maio no Pazo da Cultura. "Só esperamos volver pronto sen limitacións de aforo e podamos gozar todos xuntos", comentoulle a cantante aos seus seguidores.

Ésta é terceira vez no último ano que a artista trata de actuar en Pontevedra, tras ter que adiar ata en dúas ocasións o seu espectáculo a causa da pandemia. Sés tiña previsto presentar na cidade o seu último traballo, Liberar as arterias, en maio do ano pasado.

O estado de alarma obrigou a trasladar a actuación a novembro, cando as restricións volveron levar aos organizadores a pospoñelo. Finalmente a data elixida para o concerto é a do sábado 22 deste mes.

Liberar as arterias é o sétimo disco de María Xosé Silvar, que debutou con Admirando a condición en 2011 e que é unha habitual dos escenarios pontevedreses.

Comentarios