Sete sindicatos piden a dimisión da dirección do Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés

Denuncián falta de medios de protección ante a pandemia, así como de strong<> "falta de información e o rumbo informativo"
RAFA 12.00 Peregrina. Concentracion sanitarios
photo_camera Unha protesta de sanitarios en Pontevedra. RAFA FARIÑA (Efe)

Os sindicatos da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CIG, UXT, OMEGA, CSIF, CC OO, TSP e SATSE) concentráronse este xoves fronte á entrada principal do Hospital Provincial co fin de volver pedir a petición de dimisión do equipo directivo da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Así, reclamana a saída da Xerencia, a Dirección Asistencial, de Recursos Humanos, de Enfermería e de Xestión. 

Os sindicatos convocantes xustificaron esta nova mobilización na "falta de información e o rumbo informativo" por parte da Xerencia, ademais de reclamar máis medidas de protección fronte á pandemia e máis recursos humanos de todas as categorías profesionais. 

Ademais, consideran que a xestión actual non está a ser a máis adecuada e citaron como mostra a falta de protocolos adaptados a servizos e centros de saúde. 

A concentración estivo protagonizada exclusivamente polos representantes dos traballadores, un delegado por cada sindicato, xa que "por prudencia e responsabilidade", non fixeron chamamentos á participación do resto de persoal sanitario "co fin de minimizar os riscos que implica esta pandemia". 

Tamén incidiron en que lles gustou "contar coa presenza cohesionada de todos os representantes sindicais do complexo", pero tras "múltiples intentos de negociación" para chegar a puntos comúns "chegou o momento de asumir, tras a continua ruptura dos acordos verbais por parte de strong <>Prosagap, Co.Bas e CESM, que dous non poden cando un non quere". 

Os sindicatos convocantes da protesta deste xoves –CIG, UXT, OMEGA, CSIF, CCOO, TSP e SATSE– expresaron a súa vontade de continuar coas súas protestas para reclamar a dimisión do actual equipo directivo. 

Comentarios