"Estes son datos obxectivos, pero parece que ata agora ninguén o quere ouvir nin ler"

A FGCN alerta do aumento do consumo de cocaína na comunidade
Fernando J. Alonso. GONZALO GARCÍA
photo_camera Fernando J. Alonso. GONZALO GARCÍA

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN) leva anos alertando do incremento do consumo de cocaína no territorio. O seu xerente, Fernando Alonso, explica que o estudo da UE "as enquisas, fonte de datos dos estudos tradicionais, son pouco fiables porque a xente acostuma a mentir. É algo que xa se sabía pero agora evidénciase (custa recoñecer que se consomen drogas, aínda que sexa nunha enquisa anónima). Como exemplo desta diferenza entre enquisas e realidade está o feito de que, ata agora, os datos oficiais, baseados en enquisas, falábannos dunha contención ou estancamento do consumo de cocaína, mentres que as análises de augas residuais indícannos que o consumo está totalmente disparado".

A Fundación Galega engade que isto xa se di hai tempo con estudos serios, con rigor científico. Pero ata agora ninguén o quere ouvir nin ler".

Comentarios