'Subnormal': o cómic que recolle a historia de Iñaki Zubizarreta

Fernando Llor e Miguel Porto, profesores da escola O Garaxe Hermético, levan á banda deseñada a experiencia de acoso escolar sufrida polo ex xogador de baloncesto

Iñaki Zubizarreta mide 2,07 metros. Segundo el mesmo conta, sempre foi un tipo enorme. Pese a iso sufriu acoso escolar. Comezou cando tiña 11 anos e levouno ao extremo de colocarse no bordo dun acantilado coa intención de suicidarse. O guionista Fernando Llor e o debuxante Miguel Porto, ambos mestres da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético de Pontevedra, acaban de publicar un cómic que recolle a historia o ex xogador de baloncesto: Subnormal (Evolution Comics, Panini, 2020).

"El proyecto nació en el Saló del Còmic de Barcelona del año pasado, donde yo tengo una reunión con mi editor, José Luis Córdoba, en la que me comenta que le gustaría publicar un cómic sobre acoso escolar", explica Fernando Llor. "Al llegar a casa preparé una historia y se la mandé, pero no terminó de convencerlo de todo, así que me dice: "Mira, vamos a hacer una cosa, te voy a poner en contacto con Iñaki Zubizarreta para que hables con él y a ver si podemos hacer un cómic con su historia"".

Antes de deixarlle facer ningunha pregunta ("yo llevaba una batería de ellas preparada", conta o guionista), Zubizarreta pídelle que vexa o documental Vivir a siete pies, de Movistar +, sobre a vida de distintos xogadores de baloncesto españois. A partir do que recollía ese documental sobre el foi que comezaron a traballar. "La primera parte del cómic recoge la experiencia de acoso que sufrió Iñaki en su infancia. La segunda cuenta lo que ocurrió bastante después, quizás un aspecto de su vida menos conocido, que comienza en el año 2004, cuando en Getxo se suicida Jokin [Ceberio], un adolescente de 15 años que sufría acoso escolar. Lo que le sucede a ese chico le remueve tanto por dentro que toma una decisión: ir a por esos que le acosaron a él ahora que es un hombre que mide más de dos metros y que está súper fuerte".

Cando Llor ten uns primeiros apuntamentos para o guión, entra no proxecto o debuxante Miguel Porto. "Si, fun o último en chegar ao traballo. Fernando Llor xa tiña unha escaleta e o cómic xa estaba en marcha", indica. "Eu non coñecía o caso de Iñaki Zubizarreta, pero pareceume unha historia terriblemente potente. Foi fantástico estar aí".

CINE. O cómic, no que agora mesmo se traballa para levalo ao cine, rematouse no mes de maio e saíu á rúa o 27 de agosto. Na súa realización colaborou de xeito directo o propio Iñaki Zubizarreta. Tanto Llor como Porto coinciden en que iso foi unha sorte. "Que él estuviese involucrado en todo el proceso a mí me ha facilitado mucho el trabajo. Tenerle a mano siempre fue un lujazo. Había que escoger qué episodios incluir y cuáles no, por ejemplo. Porque no teníamos una novela de 600 páginas. De hecho, al principio, iba a ser un cómic de 100. Al final se quedó en 140. Su papel en el proceso fue muy importante", explica o guionista. "Foi un gustazo traballar con el. Facilitounos as cousas motísimo", recalca o debuxante.

Os dous autores tamén coinciden en que tanto Zubizarreta como eles tiñan claro que fuxirían dun relato suave sobre o acoso escolar. "Este no podía ser un relato romántico sobre el acoso escolar en el que existe una disputa entre compañeros de colegio y, al final, todo se acaba arreglando y todos se hacen amigos. La vida real no es así. La historia de Iñaki no es así y él tenía claro que quería que se contasen las cosas como son". Nesta liña, a Miguel Porto preocupáballe facer un retrato realista da violencia, afastado da súa representación habitual nos comics. "A idea dende o comezo era que a historia tiña que ser crúa e, dalgunha maneira, explícita. Quixen enfocar a violencia dende o realismo, que fose desagradable, afastarme doutras representacións no cómic, no cine ou na tele. Quixen debuxala dun xeito frío e opresivo, tal como é".

Fernando Llor aclara que Subnormal non é un cómic infantil, senón un traballo que quere axudar a concienciar sobre o problema que é o acoso escolar. "Yo creo que este es un cómic duro, que pueden leer alumnos de Secundaria, Bachillerato y adultos. Lo que tratamos de plasmar es que cualquiera, por el hecho de ser diferente a los demás, puede ser víctima de acoso. Cualquiera. Aunque se trate de un tipo enorme", explica o guionista, que tamén denuncia o silencio que ampara normalmente estas agresións. "Hemos tratado de mostrar que la realidad del acoso escolar es dura y cruel, y que estas situaciones pueden llegar a ser muy graves porque están rodeadas de silencio por parte de compañeros, de docentes, incluso por parte de la víctima, que se avergüenza de lo que sucede. Muchas veces, cuando se rompe ese silencio es demasiado tarde".

O debuxante da obra aclara que o traballo non pretende converterse nunha ferramenta escolar, "aínda que xa houbo mestres que nos dixeron que lles gustaría traballar con el e parécenos moi ben que así sexa". E volve insistir no realismo como clave. "O achegamento a unha historia como esta non podía facerse dunha forma edulcorada. Porque, por desgraza, a realidade non é así".

*Teléfono da Fundación ANAR de axuda a nenos e adolescentes contra o acoso escolar 900202010

Comentarios