A Audiencia de Pontevedra suspendeu ata
Fontes xurídicas confirmaron a Efe que o motivo da suspensión é que ambas as partes se atopan negociando un acordo para solucionar este asunto sen chegar a xuízo.
A Fiscalía solicita inicialmente para ela nove anos e medio de prisión e que indemnice á vítima cuns 50.000 euros, que corresponden ao diñeiro retirado da súa conta bancaria, as transferencias fraudulentas e o valor das xoias roubadas.
Baleirando as contas bancarias e vendendo os seus obxectos de valor, afirma o fiscal, a acusada deixou á vítima nunha situación económica "moi delicada e precaria".
Perdeu todo o diñeiro que tiña aforrado para pagar o custo da atención e axuda que necesita para todo, incluídos os actos máis básicos de hixiene.