Tallan acacias en mal estado nos xardíns da Uned para evitar riscos

Tala de acacias na Uned. DP
photo_camera Talla de acacias na Uned. DP

O Concello iniciou a talla de varias acacias en mal estado nos xardíns da Uned por razóns de seguridade. O concelleiro de Medio Natural, Iván Puentes, asegurou este mércores, a través dun comunicado de prensa, que esta actuación pode ser considerada "como o primeiro paso para o acondicionamento integral desta valiosa zona verde, de cara á súa futura apertura para o uso e goce de toda a cidadanía e a súa integración na trama urbana do barrio de Monte Porreiro".

O edil socialista recordou que en próximas semanas se enviará unha petición formal ante a Xunta Reitora da Uned para que o organismo educativo cedese o parque, "coa fórmula administrativa que estimen máis axeitada".

Comentarios