A tempada de furanchos engala en Pontevedra

Oito dos 22 'loureiros' do municipio iniciaron xa a campaña para vender os seus excedentes de viño

Un cartel de furancho. DAVID FREIRE
photo_camera Un cartel de furancho. DAVID FREIRE

O furancheo engala en Pontevedra. E faio cos primeiros establecementos abertos no rural. Oito dos 22 loureiros censados no municipio iniciaron xa a tempada de venda dos seus excedentes de viño. O resto farao na primavera.

Os establecementos en funcionamento atópanse en Salcedo, Bora, Ponche Sampaio, Mourente, Tomeza e Campañó. Nestas últimas parroquias hai dous furanchos operativos e non un, como no resto dos casos.

Cada un destes locais podrá permanecer aberto durante tres meses, tal e como establece a normativa municipal, que entrou en vigor en abril de 2013. Aínda así, en 2016 introducíronse varios cambios para adiantar a campaña de apertura dos loureiros. Desde o ano pasado, estes locais poden empezar a despachar os seus caldos entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño. Con anterioridade a esta modificación, a tempada cinguíase aos meses de marzo, abril, maio e xuño.

O regulamento en cuestión obriga aos propietarios a unha serie de requisitos. Entre eles, ter viñedos inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia par acreditar que o viño procede das súas leiras.

SEIS TAPAS. A ordenanza establece también un límite de tapas que poderán comercializarse: táboas de embutidos e queixos, tortilla, pementos de Padrón e outros dous pratos a elixir entre orella ou chourizo e zorza ou raxo.

As seis tapas serviranse entre as cinco da tarde e a unha da mañá, que é o horario no que os furanchos poden permanecer abertos de luns a venres. Para as fins de semana e os festivos, o horario amplíase.

A normativa pontevedresa también obriga aos donos destes locais a ter un seguro de responsabilidade civil para posibles accidentes ou contratempos. Este debe ter unha cobertura mínima de 90.000 euros. Os furancheiros también deben colocar unha rama de loureiro no exterior e o distintivo Furanchos de Pontevedra no interior.

782 comensais. O Concello de Pontevedra ten censados 22 furanchos con capacidade total para 782 comensais.

O Rexistro Municipal de Furanchos, xestionado polo servizo de Urbanismo, revela que a maior parte destes establecementos atópanse nas parroquias de Marcón (sete), Tomeza (tres), Salcedo (tres) e Campañó (tres).

Comentarios