Temperaturas de 30 graos en Pontevedra a pesar da chegada oficial do outono

As predicións meteorolóxicas auguran sol e calor, polo menos ata o vindeiro domingo

La playa de Areas, en Sanxenxo, en la tarde del sábado. RAFA FARIÑA
photo_camera A praia de Areas, en Sanxenxo, na tarde do sábado. RAFA FARIÑA

O outono chega ao calendario, pero non ao armario. A nova estación irrompeu a pasada madrugada, ás 3.54 horas. Con todo, a meteoroloxía, polo menos de momento, nada ten que ver con temperaturas frescas, ventos e orballos, xa que polo menos durante a próxima semana espéranse xornadas de sol e calor máis propias do verán.

As praias da provincia reciben estes días a aqueles que se resisten a gardar o bikini, a pa e o anciño. "Ata que non empezo a chover eu non gardo nada", aseveraba este sábado unha pontevedresa. E non lle falta razón.

As temperaturas mínimas tampouco serán frías, xa que oscilarán entre os 15 e os 16 graos

A predición de Meteogalicia augura temperaturas máximas de 30 graos para este domingo e o martes e de 32 para o luns, mentres que a partir do mércores o termómetro suavizarase, pero non baixará dos 25-27 graos. Será o famoso veranillo de San Miguel, festividade que se celebrará o sábado sen indicio de nubes no horizonte.

As temperaturas mínimas tampouco serán frías, xa que oscilarán entre os 15 e os 16 graos en Pontevedra.

Así, a próxima semana Galicia quedará baixo a influencia das altas presións, con estabilidade e achegamento de aire cálido desde o sur. Non é o caso da Boa Vila, pero Meteogalicia advirte de néboas matinais no interior e algunhas nubes de estancamento no litoral norte.

A previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) é bastante similar, xa que apunta temperaturas máximas de entre 27 e 31 graos e de entre 14 e 17 as mínimas. De feito, as predicións a máis longo prazo avanzan unha estación cálida e sen demasiadas precipitacións, na liña do outono de 2017.

Comentarios