Os test de covid-19 en coche realizaranse no Hospital Provincial de Pontevedra

Deixan a súa ubicación actual no Pazo da Cultura e sitúanse no acceso ao centro sanitario pola rúa Joaquín Costa
A zona onde se farán os test. DP
photo_camera A zona onde se farán os test. DP

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés procederá a activar este mércores, no acceso exterior do Hospital Provincial pola rúa Joaquín Costa, o seu punto de extracción Covid Auto que ata o de agora prestaba actividade no Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco do plan de continxencia do Covid-19 nesta área. 

O novo emprazamento do Covid Auto da resposta á petición do Concello de Pontevedra de poder dispoñer da totalidade dos espazos do Pazo da Cultura para albergar as probas educativas  de acceso á Universidade (Abau).

Este punto de extracción no Hospital Provincial terá os servizos  e infraestrutura sanitaria máis preto, en caso de necesidade loxística ou asistencial. 

O protocolo organizativo para esta activación por parte da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa notificou aos usuarios citados para as vindeiras probas Covid Auto o novo emprazamento deste punto no exterior do Hospital Provincial, que disporá así mesmo durante cada xornada de actividade dun circuito de circulación dinámica de entrada e saída do mesmo. 

Comentarios