Tino Fernández presenta no CEIP A Carballeira o proxecto 'O Teu Cole na Historia'

O tenente alcalde indicou que o obxectivo do programa é "crear un itinerario educativo e cultural no que os rapaces coñezan o pasado, o patrimonio, o contorno natural"
Tino Fernández cos alumnos do centro. CEDIDA
photo_camera Tino Fernández cos alumnos do centro. CEDIDA

Tino Fernández desprazouse este luns ata o CEIP A Carballeira, ubicado en Lourizán, para presentar o primeiro laboratorio divulgativo organizado no marco do proxecto 'O Teu Cole na Historia'.

Xunto a él estaban Kike Mauricio, Carlos Taboada e Antón Ke, que se encargaron de impartir o taller a través da narración oral, do debuxo e da música en directo. Este xirou en torno a un mural realizado por Mauricio e Taboada o pasado novembro no que as mariscadoras foron o eixo central. 

Unha vez remataron as intervencións artísticas coas personaxes, contornos rurais e elementos patrimoniais que definen unha vintena de centros educativos de Pontevedra, ponse en marcha unha segunda fase do proxecto, onde os protagonistas serán os alumnos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria. 

Tino Fernández indicou que o obxectivo do programa é "crear un itinerario educativo e cultural no que os rapaces coñezan o pasado, o patrimonio, o contorno natural e as figuras célebres dos seus colexios e do resto dos centros participantes". 

Comentarios