viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Para tomar un viño, Pontevedra

Pablo Romeu, do Bagos; Xosé Cannas, de Pepe Vieira, e Miguel Anxo Bicada, da Curva (de esquerda a dereita). ADP
Pablo Romeu, do Bagos; Xosé Cannas, de Pepe Vieira, e Miguel Anxo Bicada, da Curva (de esquerda a dereita). ADP
Unha nova guía inclúe só tres locais en Galicia (Pepe Vieira, Bagos e A Curva) para poder "escoller o viño perfecto"

Bagos, de Pontevedra, Pepe Vieira, de Poio, e A Curva, de Portonovo (Sanxenxo), son os tres únicos locais galegos que aparecen no volume Vinos y lugares para momentos inolvidables. La guía para escoger el vino perfecto (Hércules de Edicións, 2020), que acaba de publicar Mariano Fisac. Os tres están situados no norte da provincia de Pontevedra. Aparecen no medio dunha selección de 21 restaurantes de toda España nos que Fisac recomenda deterse para tomar un viño. Con este título, que é o resultado de tres anos de traballo, o blogueiro dá continuidade a Galicia entre copas, que publicara con anterioridade sobre o mesmo tema, pero centrado unicamente en Galicia.

A guía inclúe só tres locais en Galicia: Pepe Vieira, Bagos e A Curva

Segundo Fisac, os espazos que escolleu para figurar en Vinos y lugares para momentos inolvidables "reúnen as mellores condicións para gozar dun bo viño, destacando o labor dos seus catadores". Ademais, seleccionou "os que considera os viños máis auténticos das súas adegas e adecuados a todos os petos".

Na guía de Hércules pódese atopar desde a taberna A Curva, de Portonovo, ata Celler de Can Roca, en Xirona, pasando El Bohío, en Toledo, ou Mugaritz, en Guipúzcoa. Ou o que é o mesmo, desde pequenos locais e tabernas ata establecementos con estrelas Michelin.

PASIÓN. "Na súa nova obra, Mariano Fisac busca espertar o interese do lector, compartindo con el a paixón que sente ao gozar dunha boa carta de viños nun restaurante ou ao decidir como aprovisionar o seu fondo de armario vinícola", explica a editorial. "Ademais, o autor persegue con este libro separar o viño da exclusividade levándoo así á vida diaria a través de tintos, brancos, rosados ou espumosos en ocasións pouco coñecidos, pero non necesariamente máis caros, e descubrindo locais honestos que atesouran adegas de gran calidade".

"O autor persegue con este libro separar o viño da exclusividade levándoo así á vida diaria"

A obra tamén inclúe unha selección de tendas e enotecas nas que descubrir brancos e tintos para degustar no fogar, "viños diferentes de pequenos produtores con adegas que coidan a contorna".

TRAXECTORIA. Licenciado en Dereito, Mariano Fisac está especializado no sector da Responsabilidade Civil, a Administración Pública e o Seguro. Galego afi ncado en Madrid e afeccionado ao mundo do viño, en 2008 lanzou o blogue Mileurismo Gourmet (www.mileurismogourmet.com) "desde o que propón unha visión alcanzable e democrática da gastronomía de calidade, cun especial foco no viño".

Posteriormente puxo en marcha un blogue en inglés sobre viños españois chamado Wine Gossip From Spain (www.winegossipfromspain.overblog.com. Ademais, promove anualmente o ranking de Los 10 mejores viños por menos de 10 euros.

En Hércules de Edicións publicara en 2015 Galicia entre copas, que prologou o chef Pepe Solla e que foi recoñecido nese mesmo ano co Premio Mágnum ao Mellor Labor de Difusión do Viño Galego polo Instituto Galego do Viño.

Para tomar un viño, Pontevedra
Comentarios